viernes, 3 de abril de 2009
martes, 31 de marzo de 2009
lunes, 16 de marzo de 2009
martes, 10 de marzo de 2009
FÁBULAS
O PORCO ESPIÑO
Era noite. Unha noite
clara. Por un furado dunha árbore víase o fociño
dun animal. Era un porco espiño que se chamaba Totó.
Tiña tres fillos. Totó sabía que o raposo andaba
por alí, e que se se descoidaba ían servirlle de cea,
pois andaba moi famento. Tapou os fillos con follas e saiu de caza.
Era moi bo cazador: primeiro un bichoco, logo unha rata.
Cando volveu, xa viu o
raposo uliscando por alí.
-A ti voucha xogar eu
–pensaba Totó.
-Este porco espiño
vai estar de rechupete –dicía o raposo, pasando a lingua
polo fociño.
Nese intre o raposo viu a
Totó como se estivese perdido e, dunha carreiriña,
chegou onda el coa boca tan aberta como se o quixese tragar enteiro.
Botoulle os dentes e .... ¡Aaaaaahhhh!; meteu o seu rabo longo
entre as patas e esborcallouse polo chan coa dor.
Totó non tiña
unha soa espiña de parvo. Cando viu que o raposo lle viña
encima enroscouse de tal xeito que mesmo parecía unha pelota
de picos, e mentres o seu inimigo daba voltas coa dor polo chan,
botouse a correr cara aos fillos, que estaban ollando de lonxe o que
alí pasaba e pensaban: “Máis vale maña que
forza”.